ROI CASAL

ROI CASAL

Roi Casal é un músico, compositor e cantante galego nacido en 1980. Domina con gran virtuosismo a arpa céltica e a zanfona, instrumentos milanarios da súa Galicia natal. Foi integrante da mítica banda galega Milladoiro entre os anos 2000 e 2009. A súa carreira artística en solitario comeza en 2009, coa publicación do álbum Lendas Douradas, ao que seguiron Maxicamente Vello (2011) e Donos do noso destino (2014). Os tres traballos foron aclamados pola crítica especializada e convertíronse en número un en ventas en Galicia cada ano dos seus respectivos lanzamentos. A súa música serviu ademáis de banda sonora para producións cinematográficas e de TV en distintos paises. As súas xiras chegaron ata Xapón, Arxentina, EEUU, Suíza, Uruguay, Portugal ou Alemania entre outras nacións. En 2016 estrea no Gran Teatro de La Habana Son galego, Son cubano, un ambicioso proxecto internacional, por encargo do Instituto Cubano de la Música, para poñer en valor os extensos lazos de unión entre ambos pobos. Baixo a dirección e composición de Roi Casal participaron neste proxecto figuras da talla de Pablo Milanés, Xosé Neira Vilas, Lartitza Bacallao ou Miguel Núñez que poñen o broche de ouro a un elenco de 16 músicos de ambas nacionalidades que seguen xirando nos principais escenarios internacionais dende entón. Roi Casal é considerado unha das principais referencias da nosa música. O seu estilo moderno e actual, combinado cos aportes da terra da que é orixinario, sitúano como un dos grandes expoñentes da diversidade cultural de España a nivel internacional.